top of page
Buscar
Mesa das Verbas

BOLETÍN NÚMERO 21




MANUEL TRIGO DÍAZ, LEMBRANZA DUN POETA DE AROUSA


Manuel Trigo Díaz naceu en Caleiro, no veciño concello de Vilanova de Arousa en 1907 e finou en Vilagarcía de Arousa en 1992. Desde moi novo exerceu o maxisterio (ao igual que varios dos seus irmáns e irmás), despois de varios destinos recalou na nosa cidade, impartindo ata a súa xubilación a súa docencia no colexio “José Antonio”, hoxe “A Lomba”. Alí entre outras materias impartiu Plástica.

Coa colaboración de varios mozos e mozas fundou o Club “Carlos Maside” de Nenos Pintores. Onde ademais de dar a coñecer a obra de Maside organizaba distintas actividades pictóricas e artísticas na comarca e na provincia.

Foi delegado en Arousa do Padroado “Rosalía de Castro” e en colaboración co Instituto da Lingua Galega (ILG) impartiu os primeiros cursiños de Lingua Galega en Vilagarcía de Arousa alá pola década dos 70 do pasado século XX. Tamén na mesma década introduciu o ensino do idioma galego no colexio “San Francisco” da nosa cidade, ao igual que facía o noso lembrado compañeiro Gonzalo Bouza-Brey Trillo pero, no colexio “Sagrada Familia”.

Foi exquisito e premiado poeta e impulsor e mantedor de distintos certames poéticos na nosa cidade. Así mesmo foi socio activo e fundador do Club de Leóns en Vilagarcía.




11 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page