top of page
Buscar

Boletín Mesa das Verbas, nº 22

  • Mesa das Verbas
  • 9 oct 2019
  • 1 Min. de lectura

Vilagarcía de Arousa, sábado, 28 de setembro de 2019–Nº 22


EDITORIAL

Temos que estar satisfeitos porque nesta ocasión acertamos coa edición da Mesa das Verbas – Poesía na rúa, celebrada o pasado sábado, 3 de agosto na Praza de Galicia. Acompañou o tempo, acompañou o público e foi un magnífico recital poético coa colaboración musical por parte do grupo Arosa Bay. A poesía e a música combinan marabillosamente, a pesares de certos desaxustes e problemas de coordinación que para outra hai que mellorar, aínda que eses problemas non llos podemos atribuír aos organizadores da Mesa; pero, a pesares de todo iso, foi todo un suceso cultural, o público manifestou o seu agrado, incluso xente de fóra, veraneantes, amosaron a súa sorpresa porque en Vilagarcía se celebrara algo así, déronnos moitos parabéns e ánimos para seguir organizando acontecementos poéticos deste estilo.

Tamén se esgotaron axiña os números do noso boletín de agosto, incluso houbo xente que aportou algunhas pequenas cantidades para que sigamos coa súa modesta publicación.

Agradecemos ao Concello e á Deputación a súa colaboración.

E, tristemente, un ano xa sen Tito Porto, lembrámolo en “Decíamos Ayer”.

Manuel Lage / Xermán M. Torres




 
 
 

Комментарии


Join our mailing list

Thanks for submitting!

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Pinterest Icon
  • Black Flickr Icon
  • Black Instagram Icon

© 2023 by The Mountain Man. Proudly created with Wix.com

bottom of page