Bravo por Xaquín Chaves que o 3 de setembro do 2019 inaugurou a súa mostra de pintura e escultura "Travelling" na Sala Rivas Briones e bravo por recordar a todas e a todos que esa magnífica Sala de Exposicións é obra de todas e todos os e as artistas de Vilagarcía, e do Salnés se nos queremos estender.
E bravo tamén porque a Sala é un orgullo para a cidade.
Parabéns a Xaquín Chaves! Poderemos desfrutar da súa exposición ate o 12 de xuño do 2019.
Uxío López e Fernando Quintela ("Chinano") conxugan as súas paletas na exposición "Dueto".
Un axeitado dúo plástico que amosan as súas obras de técnica mixta na Gastrotaberna Churruca, ate o 7 de xullo do 2019.
Bravo!
XORNADA POÉTICA DA MESA DAS VERBAS EN PADRÓN
Do vintecinco de maio era o gran día que fomos moi ledos á casa de Rosalía, levamos da nosa fermosa ría de Arousa o son a esa terra de letras e xograres que é Padrón.
Ceibamos moitas verbas e versos e cantigas ao ar e escoitamos o murmurio das poéticas augas do Sar, e as queixas e as denuncias da nosa querida poeta na Casa da Matanza soaban como unha forte saeta:
"Non a ese Cristo dos xitanos,
senón ao dos galegos cristianos."
Por terras de Padrón, 19 amantes de verbas e versos desenvolvemos o seguinte programa:
11:15 / 13:30 Visita a Casa Museo de Rosalía de Castro, incluído un recital poético no seu xardín, debaixo da parra.
13:30 / 17:30 Xantar de confraternidade con brindes poéticos, cantigas, convivencia.
17:30 / 19:00 Visita ao xardín botánico e descanso á sombra das súas frondosas árbores.
19:30 / 20:00 Recital poético no XXXII Festival das Letras Galegas, previo a actuación de tres masas corais, fomos invitados pola Sociedade Cultural Padronesa.
Tivemos como magníficos anfitrións aos nosos amigos Rafa Villar, Isidoro Sanmartín (presidente da citada sociedade) e Enrique Basadre (un padronés da Matanza, extraordinario cicerone e cantor da riqueza e das beldades do seu querido pobo).
Comments