top of page
Buscar

BOLETÍN DA MESA DAS VERBAS Nº 14

  • Mesa das Verbas
  • 17 sept 2019
  • 1 Min. de lectura



Na ponla unha passarinha

aínda di o seu doce cantar,

segue o monxe a pasar;

súa sombra egrexia camiña,

percorre toda a campiña

deste Salnés, preto do mar.

Párome ledo a escoitar

os belos sons desta terriña.

O mosteiro da Armenteira

debido ao paxaro e ao monxiño

ten fama pola Terra enteira.

Non quero deixar o camiño

nin deixar de estar á beira

do lugar sacro do seu niño.


XERMÁN MANUEL TORRES


Esta vida é gran tristura

se non hai unha bela flor

que a encha de fermosura,

que nos agasalle súa cor.


Realizando unha idea e unha proposta do noso amigo e compañeiro Xosé Ramón Quintáns Suárez, a Mesa das Verbas celebrou unha edición especial SAN ERO na Armenteira, no Concello de Meis, o sábado, 1 de decembro de 2018, de 12:30 h. a 19:00 h.


Visita guiada do Mosteiro por parte do noso amigo e compañeiro Augusto Guedes. Tivemos un recital poético no Claustro, unha alegre e poética comida de confraternidade no bar A Fonte e rematamos ás 18:00 h. cun recital poético na Casa da Cultura da Armenteira coa colaboración do Concello de Meis.

 
 
 

Comments


Join our mailing list

Thanks for submitting!

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Pinterest Icon
  • Black Flickr Icon
  • Black Instagram Icon

© 2023 by The Mountain Man. Proudly created with Wix.com

bottom of page