top of page
Buscar
Mesa das Verbas

Anaco nº2


O Mércores 20 de novembro do ano que andamos, presentouse o número dous da revista da Mesas das Verbas, Anaco, no Salón de Actos da Casa da Cultura coa presencia da Concelleira, Sonia Outón, e membros e amigxs da nosa mesa poética. Din que é de ben nacidos ser agradecidos, así que o noso agrecemento ao Concello de Vilagarcía (autoridades e treballadorxs) por levar adiante este proxecto; sen esquecer a VOCES AMIGAS que puxeron a nota musical. Comenzamos horas antes con “Diez cañones por banda” coas probas de son e o resgado das guitarras no fondo do camerino e con puntualidade británica comezou o acto ao ritmo do “Sola”, “Pregúntale a las estrellas” e “Fuego en Animamá” para continuar cunha homenaxe ao tempo no que estamos entrando, na voz de Tere Briones, Ramón Torrado e o autor do texto Ramón Quintáns, para dar paso logo ao recitado dos menbros da Mesa das Verbas que o quixeron facer.


Puxeron fin ao acto as Voces Amigas, a quen lle agradecemos dende aquí o seu esforzo, xa que ben sabemos que algunhas delas padecían o rigor dos virus desta estación do ano.

As palabras da Concelleira, as fotos finais e o ambiente caloroso do momento unha xornada tan desapracible, meteorolóxicamente falando, sempre é de agradecer. A mesma Concelleira manifestou o seu compromiso publicamente de que esta iniciativa se manterá no tempo e seguirá a publicarse o Anaco dúas veces no ano. Ameazamos , polo tanto, con volver.

O Anaco tres está no prelo!


Galería de imaxes (iremos agregando a medida que nos van chegando):










38 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page